Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda edición de “El Camino del Mar Concello a Concello”

A Mariña, 4 de marzo, 2023. Por segundo ano consecutivo a Asociación Amigos Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela organizará o proxecto: “El Camino del Mar Concello a Concello”, proxecto desenvolto o ano pasado e que foi un éxito de participación durante todas as etapas. O ano pasado, ao ser Ano Santo fíxose para chegar a Santiago o día 24 de xullo e poder estar o día da festividade do Santo en Santiago.

Este ano como non temos ese condicionante de data de chegada, iniciarémolo antes, o domingo, 2 de abril do 2023 e tamén chegaremos antes. En base á experiencia do ano pasado e para facelo máis cómodo para os participantes introduciremos un pequeno cambio de mellora, no canto de facelo en 12 etapas, farémolo en 13 etapas. Faremos en 8 etapas o Camiño do Mar e o tramo do Camiño Inglés farémolo en 5 etapas, no canto de 4, como fixemos o ano pasado.

Con esta acción propoñémonos o obxectivo de promoción, divulgación do Camiño do Mar e ao mesmo tempo o coñecemento de por onde discorría a antiga vía de peregrinación que atravesaba os concellos de: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda bautizada co nome: O Camiño do Mar. Unha vez chegado a Neda, conectaremos co Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Participar posibilita gozar do coñecemento dun antigo Camiño, ao mesmo tempo de coñecer distintos lugares dos concellos que conforman o Camiño do Mar e a historia propia da peregrinación polas nosas comarcas.

As etapas están planificadas para unha media dun 23 km. aprox. Desenvolvésense todas en domingo, empezando o día, 2/4/23 en Ribadeo e chegando a Santiago de Compostela, o domingo día, 25/6/23.

Todos aqueles participantes terán opción de levar credenciais e ao finalizar o Camiño obter a Compostela, en Santiago, para iso iremos selando en cada un dos concellos polos que discorre o Camiño do Mar, realizando dous selos en cada etapa, un de saída e outro de chegada.

Dirixímonos a todos os alcaldes dos distintos concellos polos que discorre o Camiño do Mar para solicitarlles o mesmo apoio e colaboración que nos prestaron na edición anterior. Con esta pequena acción mostrarán o seu apoio á divulgación e promoción do seu concello en xeral e do Camiño de Santiago que discorre por el, en particular. Agradecémoslles a súa implicación e apoio, para o desenvolvemento deste proxecto.
Informar tamén que este ano a inscrición terá unha cota limitada de participación, por iso animamos aos interesados que o realicen na maior brevidade posible e así asegurarse a súa participación.

Para poder apuntarse a realizar o Camiño do Mar poderano facer na web da asociación: https://www.asocaminodelmar.es no apartado de accións, 2023, concello a concello, alí atoparán toda información, para poderse inscribir. A ligazón é o seguinte: https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2023/concello-a-concello

Exit mobile version