Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguiu esta fin de semana en Vilaframil o Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo cun obradoiro de primeiros auxilios

Ribadeo, 18 de marzo de 2023. Seguiu esta fin de semana o Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo cun obradoiro de primeiros auxilios, que foi impartido entre as dez da mañá e as dúas da tarde na Escola de Vilaframil. Ata alí se desprazaron os concelleiros de Medio Rural, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Marcos Villamil, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.

Esta fase do Plan de Formación Rural rematará o vindeiro 25 de marzo cun curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas. Para esta cita xa non quedan prazas libres.

Desde o equipo de goberno subliñan que “o Concello está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”.

Exit mobile version