A primeira volta disputouna contra Manuel Costal Giraldez do club Boa Vila de Pontevedra, empatando o primeiro tiro a 11 puntos (o máximo posible de acadar cunha soa frecha), o resto de dianas gañaríaos Santiago con facilidade 10. /11-10 /8-10/5; terminando de 42 a 34 puntos.
A final disputouna contra Santiago Soneira Muíño do Club Su A Gras da Coruña. Nesta ocasión “Sargadelos” non estivo tan fino, pero valeulle para vencer ao coruñés. Catro dianas co resultado de 8/5-11/8-8/8-11/8 cun total de 38 a 29 puntos, o que lle valeu para seren proclamado novamente Campión Galego