“É o momento de dar pasos adiante,de empuxar con emoción e ambición un proxecto que faga revivir con optimismo este concello”
A Fonsagrada, 22 de marzo de 2023. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada decidiu na súa asemblea local quen será a persoa deginada para encabezar a candidatura da organización nas vindeiras eleccións municipais deste 28 de maio.
A persoa que foi designada por unanimidade é Rosa Rego Murias, natural da Fonsagrada e traballa como celadora no SERGAS.
“Agradezo a confianza das compañeiras e compañeiros para asumir este reto de encabezar o proxecto do BNG, o que asumo con todo o respecto e ilusión para liderar o cambio en Fonsagrada” dixo Rosa Rego.
O candidata do BNG á alcaldía de Fonsagrada destacou ”é o momento de dar pasos adiante,de empuxar con emoción e ambición un proxecto que faga revivir con optimismo este concello”.
De igual xeito, Rosa Rego salientou que aposta do BNG é a única capaz de dar un xiro á política municipal “alí onde goberna o BNG, prodúcense avances na mellora da vida da súa veciñanza; temos que deixar atrás aqueles que dan todo por perdido e facer que A Fonsagrada conte cun proxecto que ilusione e centrado nas potencialidades propias”.
Neste senso, a candidata nacionalista subliñou “A xente do sector agro-gandeiro,do turismo,da pequena industria,do comercio e as persoas autónomas son o eixo que nos move para desenvolver un proxecto,co afán absoluto de traballar para crear oportunidades aproveitando os recursos e capacidades que temos aquí”