A xestión do grupo municipal popular permite unha actuación que levaban moito tempo demandado os veciños
Ribadeo, 31 de marzo de 2023. O candidato á alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, destaca o compromiso do grupo municipal e a Xunta de Galicia na mellora e recuperación do camiño de acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende e o seu entorno cun orzamento de 15.000 euros. “Xa rematamos as obras para recuperar o acceso ao entorno do cemiterio de Santalla de Vilaosende, unha demanda que levan reclamando os veciños da parroquia desde hai moito tempo ás administracións e a Xunta foi a que respondeu de maneira contundente a esta petición para así poder comezar as obras” explica Dani Vega.
O alcaldable traslada os seus agradecementos aos veciños e “sobre todo, á asociación de veciños”, pois “gracias o seu bo traballo preocupándose por todos repercutirá de maneira moi positiva na parroquia”.
Actuacións
“Nós o que fixemos foi xestionar en colaboración coa asociación os 15.000 € para recuperar o patrimonio de todos”, di Vega. As actuacións que se levaron a cabo no camiño de acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende comprenden a limpeza e acondicionamento do propio camiño e o seu entorno, a construción dun muro de contención feito de formigón e que segundo os veciños “fai moita falta no cemiterio”; a instalación de tuberías para drenar a auga en exceso que provoca humidades e a construción dunha barandilla de madeira. “Unha recuperación necesaria para os veciños, polo que seguiremos nesta liña traballando conxuntamednte con eles para recuperar o legado de todos e investir para mellora o noso pobo”, recalca o candidato.