Site icon Crónica3.com A Mariña

“PSOE e PP aproban a prórroga do contrato do suministro eléctrico, sen nin sequera mirar os prezos de mercado, nin pedir prezos comparativos”, afirma Por Viveiro

“Por Viveiro, realizou un estudo detallado do consumo eléctrico do Concello de Viveiro, e cos prezos de mercado, de non renovar o contrato, aforrariamos entorno a 43.000€”

Viveiro, 24 de marzo de 2023. No pleno de onte xoves, 23 de marzo, celebrado ás 14.00 e por urxencia, para que non se lle fixera moita publicidade, o Goberno Municipal do Partido Socialista, presentou a proposta de prórroga do contrato do suministro eléctrico por un ano. Se ben o contrato realizado recolle esta posibilidade, o lóxico en calquera fogar, empresa ou administración, e vistos os prezos da enerxía, sería estudar varias posibilidades.

Conforme aos datos aportados no pleno de Viveiro, por parte do Goberno, os datos de consumo eléctrico foron os seguintes nas últimas 3 anualidades.

Ano 2020 611.237€

Ano 2021 502.594€

Ano 2022 702.452€

O Goberno local, ante unha suba de 200.000€ no gasto da luz, en lugar de buscar algunha alternativa máis económica, opta, sen tempo de retractarse, pola prórroga do contrato do suministro eléctrico.

Ante esta situación os independentes de Por Viveiro, a pesar de ter poucos días para estudar a documentación, fixemos un estudo comparativo, e cos prezos do mercado a día de hoxe, o aforro podería ser de 43.380,25€, unha cantidade significativa e que daría para outras inversión no Concello.

En declaración aos medios, o portavoz de Por Viveiro, Bernardo Fraga, indicou: “É incrible a forma de xestionar deste goberno, podendo aforrar coa realización dun novo contrato, óptase pola opción máis desfavorable para as arcas municipais” “Os votos favorables PSOE estaban claros, o incrible é que o PP local, ou as abstencións de BNG e SON apoien a xestión socialista neste ámbito cando resulta máis cara para Viveiro”

Exit mobile version