A prestación de servizos de forma igualitaria para toda a veciñanza, tanto para as persoas que viven nunha contorna urbana coma para as que viven nunha rural, é unha das obrigas do Concello, e tamén a de posibilitar o asentamento de poboación no medio rural.
Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a colocación de contedores de recollida de lixo no lugar de Mourence.
Por outra banda, o mal estado no que se atopan as beirarrúas de Xunqueira xa foi tratado en pleno varias veces nos últimos anos, esta vez a veciñanza demanda a mellora da zona próxima a intersección coa rúa Xunqueira. Neste tramo de beirarrúas, de imaxe lamentable, ás numerosas fochancas hai que engadir a súa pouca anchura, feito que o fai perigoso as persoas que o utilizan de xeito cotiá.
Por todo o exposto, rogamos tamén ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a reparación urxente deste tramo das beirarrúas de Xunqueira.