Viveiro, 9 de marzo, 2023. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres 10 de Marzo a Campaña do Dia do Pai con 600€ en premios.
Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de marzo ou abril, a acordar co gañador, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en Hostalaría.
Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 10 de marzo ata o sábado 18 de marzo. O sorteo realizarase o martes 21 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
Para poder levar a cabo este tipo de campañas contamos ca colaboración da Xunta de Galicia dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais Abertos.
As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram