Nas pasadas eleccións municipais do 2019 o Grupo Socialista de Abadín incrementou considerablemente o seu resultado electoral, xa que de dous representantes que tiña acadou os 4 concelleiros actuais, quedando a menos de 100 votos da Alcaldía
O candidato socialista, que concorre de novo ás eleccións, avanzou que xa ten moitas propostas para incluír no programa electoral, e que ademais está dialogando con moitos veciños e veciñas “para poder ter un documento real das necesidades da vila e de tódalas parroquias”.
Tamén anuncia novas incorporacións á lista socialista, “son xente moza, entre a que se inclúen máis mulleres, que están fartas dos constantes menosprezos do Alcalde, así como da súa nula implicación na xestión política municipal e no futuro da vila”, advertiu.
Etapa crucial
Díaz remarcou que “estamos diante dunha etapa crucial para conseguir que Abadín aproveite o tirón do Camiño para medrar e asentar poboación, así como impulsar e desenterrar outros proxectos vitais para a actividade económica, como son o parque empresarial e a construción dunha nova residencia. Abadín non pode esperar nin un minuto máis para engancharse ao carro dun Goberno progresista. Temos que ser capaces entre todos de rematar con esta parálise e coas constantes decepcións políticas do PP na nosa vila”, recalcou.
No 2019 o Grupo Socialista de Abadín pasou de 2 a 4 concelleiros
O candidato socialista á Alcadía de Abadín, Pablo Díaz López (1975), ten estudios de administrativo. É membro da corporación municipal dende o ano 2011 e traballa en TRAGSA. Nas pasadas eleccións municipais do 2019 o Grupo Socialista de Abadín incrementou considerablemente o seu resultado electoral, xa que de dous representantes que tiñal acadou os 4 concelleiros actuais, quedando a menos de 100 votos da Alcaldía.