Ademais Marta Rey e Víctor López agradeceron as xestións realizadas para esta actuación por parte da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen anunciou onte que “os traballos previstos consistirán na reparación e consolidación da estrutura que da soporte ás escaleiras, ademais da remodelación desta infraestrutura, o que redundará nunha mellor protección fronte á ondada. Estas reparacións, que se iniciarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de dous meses, lévanse a cabo nesta época do ano para non correr o risco de que se produzan temporais que afecten a estas zonas, o que supoñería que a intervención quedase sen efecto. Con estas actuacións dáse resposta a unha demanda da veciñanza, permitindo aos usuarios e turistas empregar de novo este espazo natural. O obxectivo é que a praia do Cargadoiro se atope no estado óptimo para o inicio da tempada estival”.
A portavoz do PSOE en Ribadeo comentou: “queremos poñer en valor o compromiso do Goberno de España, neste caso do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que acaba de adxudicar por valor de 46.500 euros as obras de mellora do acceso á praia do Cargadeiro. Esta nova chega xusto a tempo para que os veciños e veciñas do noso concello poidan disfrutar agora que se achega o bo tempo desta praia, que para moitos ribadenses é importante xa que é evita o uso do coche para desprazarse a outras praias do noso concello ou da comarca. Así que, unha vez máis, hai que recalcar o compromiso dos socialistas co concello de Ribadeo”.
O acceso á praia do Cargadoiro resultou afectado por un desprendemento de terras que provocou o conseguinte baleirado e falta de apoio da estrutura que dá soporte ás escaleiras polo que tivo que ser cortado.