Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Abadín agradecen a implicación da Deputación no arranxo do pavillón municipal e na traída de Candia

Comprobamos o deterioro paulatino destas instalacións deportivas, e tras insistir, será a Deputación a través do Plan Único a que vai financiar con 96.838 euros o 100% da obra

Abadín, 20 de marzo de 2023. O Voceiro do PSdeG en Abadín, Pablo Díaz agradeceu a implicación da Deputación de Lugo no arranxo das goteiras do Pavillón, que ascenden a un montante económico de 96.838 euros.

Díaz lembrou que defendeu diversas iniciativas no pleno coas que reclamou de xeito urxente que se acometerán as obras necesarias na cuberta do pavillón polideportivo. “Comprobamos o deterioro paulatino destas instalacións, e tras insistir, será a Deputación a través do Plan Único a que vai financiar o 100% da obra, coa substitución da cuberta do pavillón polideportivo”.

Dende a Agrupación Socialista de Abadín vimos denunciando insistentemente o deterioro que sofren as instalacións publicas. “No seu momento xa criticamos o abandono dos espazos verdes do colexio público “Aquilino Iglesias Alvariño”, así como os camiños municipais, as areas recreativas ou o campo de fútbol”.

Traída de augas en Candia

Ademais, con cargo a este investimento da Deputación de Lugo incluídos no Plan Único, e tralas xestións realizadas pola veciñanza da parroquia de Candia financiarase a traída de auga. “Unha nova dotación moi demandada polos usuarios e usuarias, á que se destinarán 107.984,06 euros do executivo provincial”.

Polo tanto celebramos esta nova inxección económica do Goberno progresista da Deputación de Lugo no noso Concello. “Necesitamos investimentos para proxectos e iniciativas que dean resposta ás demandas da veciñanza, e non anuncios mediaticos que non resolven os problemas diarios da vila”, inciden.

Exit mobile version