José Tomé felicitou ao rexedor polo “novo éxito de convocatoria” desta feira que organiza o Concello, froito do “bo traballo” do goberno municipal con Edmundo Maseda á fronte e da implicación dos colectivos e dos veciños e veciñas do municipio. Unha iniciativa “que repercute na actividade económica da hostalería e do comercio durante estes días, que contribúe de maneira moi importante á promoción do concello, o que se traduce no impulso do turismo”, e que é “un exemplo do labor constante” que desenvolve o Alcalde e o seu equipo para dinamizar social e economicamente o concello.