A veciñanza que acode a este programa da Área de Servizos Sociais organizou esta comida “para reunirse e para celebrar”, segundo explicou Mónica Freire. Houbo tamén actuación do Coro da Mariña. A edil ribadense dixo que “foi unha xornada moi agradable para compartir vivencias, para conversar, para bailar e para disfrutar”. A esta cita acudiron as concelleiras e concelleiros de Servizos Sociais, Cultura, Medio Rural e Economía, Mónica Freire, Pilar Otero, Marcos Villamil e Pablo Vizoso. Xunta a eles estivo tamén a monitora do programa María Novo, de Con Sentidiño.