Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro celebra este venres e sábado o VII Mercado de Primavera

O Valadouro, 21 de marzo, 2023. A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro informa da inmimente e esperada celebración da edición XVII do Mercado de Primavera este sábado 25 de marzo e desglosa detalladamente o seu completo programa.

O Venres, 24 xa hai actos previos ao día principal. A partir das 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura teremos o pregón inaugural a cargo de Susana López Montes, xornalista mariñá oriunda do val. Deseguido demostración de música e baile en zocas con A.C. Amado Lar O Valadouro e Concerto do dúo Caamaño&Ameixeiras, e dicir Sabela e Antía con os seus respectivos instrumentos, acordeón cromático e violin

O sábado, 25 de marzo, o día estelar; a partir das 10:00horas apertura ó público e ata as 19:00horas dos postos de venta do mercado ubicados na rúa Andrés López Palmeiro.
Desde as 11:00horas, os artesáns ubicados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro… e a esa mesma hora a batukada de Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalle polas rúas de Ferreira.

A partir das 12:00horas, será a A.C. Amado Lar O Valadouro a encargada de realizar o pasacalle polas rúas do Mercado ata a praza onde nos deleitarán con varios bailes e pezas cantadas. Unha vez rematado a demostración de canto e baile tradicional será o intre nos que grandes e pequenos irán á pasarela da Praza para participar no emblemático Concurso de zocas decoradas e de indumentaria tradicional.

Chegado o ecuador da xornada, o grupo encargado da sesión vermú será Os Parentes de Sober.

Pola tarde ás 16:00horas , no aparcadoiro municipal (a carón da piscina municipal), habilitarase a zona infantil onde os nenos poderán dar paseos en cabalo e coñecer e ver os xogos tradicionais con XOTRAMU.

Desde as 16:30horas, na Praza de Santa María na zona do cantón, os xogos do Paporrubio recibirá coas mans abertas a todos os nenos e nenas que se acheguen e no que poderán participar nos distintos xogos populares. Ás 17:00 horas teatro de títeres, no aparcadoiro municipal, con Mircromina coa obra” RAIO THE LOUBICAN” mitade lobo mitade can. Cando o reloxio marque as 18:00, estrearase a obra de teatro para todos os públicos “AS PALABRAS PERDIDAS” con Inventi Teatro. Un xeito moi ameno de recuperar verbas e expresións algo perdidas do galego.

Paralelamente, tamén ás 18:00horas, ruxirán os motores e haberá novo Concurso de habilidades de conducción de tractor no aparcadoiro municipal a carón da piscina. E chega a hora da música vibrante nas rúas a cargo de Festicultores Troupe – Cultivadores de Festas e Mekanika Rolling Band co seu típico séquito de animados seguidores. Coa chegada do serán, a eso das 21:30horas (con entrada de balde) e na Praza de Santa María do Valadouro o grupo folk tradicional Treixadura dentro da xira “CAMIÑO LONGO” 2023. Logo das 23:30horas, será o turno de Anxo Lorenzo e a súa banda Ás 01:15 horas do 26 de marzo, unha nova edición do Zocanrol con o turno de Mileth. Despois será o momento da banda Orgasmatrón, aproximadamente ás 3:45. Pero aínda queda mercado a cargo do DJ Conxuro que poñerá o broche final a tanta e boa festa.

En resume, unha cita para non esquecer. Demostracións, concursos, música, comida, mercado, tapas da hosteleria de Ferreira e bon ambiente no corazón da Mariña. Valadouro.

Exit mobile version