Os populares defenderon no pleno deste xoves a demanda trasladada dende as Anpas dos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme
Burela, 31 de marzo de 2023. O voceiro popular e candidato á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, lamenta que “o goberno socialista diga un rotundo non a que o Concello se faga cargo do servizo de madrugadores nos dous colexios de Burela”, como plantexabamos no pleno deste xoves dende o Grupo Municipal Popular atendendo ás peticións das Anpas dos dous centros da vila.
Estes feitos, para o popular, expresan ben “quen é quen na política municipal”; xa que “o PSOE coa boca pequena di apoiar a conciliación familiar, pero cando ten que tomar medidas como, por exemplo, as solicitadas polas Anpas dos colexios de Burela para crear e asumir o servizo de madrugadores tal e como prestan outros Concellos, di non”.
En relación á outra proposta dos populares no pleno sobre a creación dunha área canina en Burela por parte do Concello, como sucede noutros lugares da contorna; o PSOE, unha vez máis, púxose de perfil e non apoiou esta medida que os veciños e veciñas de Burela demandan para os que consideran uns membros máis da familia”.
INCREMENTO DE GASTOS INXUSTIFICADOS
O popular sinal que o pleno deste xoves “serviu para demostrar cal foi a xestión económica do goberno socialista nos últimos catro anos en Burela”. E advirte do “incremento do gasto de forma inxustificada por parte do goberno socialista e sen ningún tipo de control: non aportan as debidas xustificacións para o pago de facturas”.