Este venres 31 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz, presentarase a candidatura de Fran Cajoto para revalidar a alcaldía nas próximas eleccións municipais do 28 de maio, nun acto público ao que están convidados todos os veciños e veciñas de Foz que queiran asistir.
Trátase dun equipo sólido que combina experiencia e renovación, representativo de todos os sectores que definen á sociedade focense, sobradamente preparado e motivado para continuar a fronte do goberno dando resposta ás necesidades de Foz e a súa veciñanza.
Fran Cajoto e a súa candidatura contarán coa presenza da deputada autonómica Patricia Otero, o senador Cesar Mogo e a secretaria de organización provincial e deputada Pilar Porto, durante o acto, tamén recibiran o apoio de outros destacados cargos do Partido Socialista.