José Tomé Roca deu os parabéns ao atleta viveirense pola súa gran actuación na proba celebrada en Turquía, onde logrou o maior dos seus éxitos deportivos logo dunha emocionante final na que adiantou ao francés Benjamin Robert sobre a liña de meta
Ben superou por 3 milésimas ao francés Benjamin Robert, nunha emocionante final na que demostrou a súa calidade e intelixencia como corredor. O viveirense chegou aos últimos metros na segunda posición, ideal para lanzar un ataque sobre a mesma liña de meta.
Tomé Roca valorou o triunfo do deportista da Mariña nunha final “que vivimos con moitísima emoción” e lle transmitiu os seus parabéns “porque cumpriu o seu soño de gañar un gran campionato e porque con só 24 anos xa é un dos maiores especialistas dos 800 metros”.
“Adrián Ben leva anos demostrando que é quen de superarse a si mesmo e de traballar con constancia a pesar das dificultades. Un orgullo e un exemplo para todos e todas os lucenses”, resaltou o Presidente.