O portavoz popular, José María Fernández, di que ao longo de todo o mandato a xestión do goberno local caracterizouse pola falta de transparencia
José María Fernández presentou a citada solicitude no rexistro do Concello o pasado 17 de xaneiro. Indica que o prazo para que o Concello contestara ao seu escrito rematou o 17 de febreiro. “Ata o día de hoxe -di- nada se me comunicou”.
Para o portavoz popular, este caso é unha mostra máis do escurantismo co que procede o goberno local de Trabada.