O portavoz popular, José María Fernández, acaba de presentar recurso contra a decisión da rexedora, que considera que incumpre a obriga de dotar de medios aos concelleiros para o exercizo das súas funcións
Fernández explica no recurso que as reunións para as que pedía o uso de locais municipais nas parroquias teñen por finalidade escoitar as propostas dos veciños, nun exercizo de participación cidadá ordinaria. Os populares, da resolución da alcaldesa, sacan en conclusión que “non existe ningún problema que teña que ver con outro uso municipal nesas datas, nin que interfira noutra actividade municipal que se impedise ou dificultase con dito uso”.
Consideran que a alcaldesa incumpre “a obriga legal de dotar de medios aos concelleiros no exercicio das funcións que nos atribúe a Lei; son medios que existen, dos que dispón o Concello de Trabada (locais sociais relacionados na solicitude) e que se atopan pechados e sen uso municipal nas datas indicadas”.