Os populares cren que “as cuestións persoas non reforzan un Concello” e con este tipo de declaracións o que demostra o PSOE é “falta de traballo e de vontade política por atender as cuestións que afectan aos laurentinos”
Así, os populares lamentan que “o equipo de goberno estea máis preocupado en facer ataques ao PP e, incluso, de forma directa aos seus membros; que en traballar e xestionar o Concello”. Nesa liña, cren que “o goberno socialista erra firmemente se vai por ese camiño porque as cuestións persoais non reforzan un Concello. Ante a falta de argumentos cos que demostrar o traballo feito, o que poden apreciar os veciños é unha nula vontade política por realizar xestións que lles afectan”.
Falta de transparencia
Os populares defenden “a transparencia na xestión” e, nese sentido, lamentan que “o portal da transparencia do Concello de Lourenzá non recolla información sobre as contratacións que saca o goberno local socialista”.