Os populares presentarán unha iniciativa no próximo pleno, para intentar que o Concello garanta o subministro de auga ao centro sanitario en caso de que se dean situacións similares no futuro
O portavoz popular sinala: “Calquera entende que se produza unha avaría. O que non entende o persoal do centro de saúde é que o Concello e sinaladamente a alcaldesa non preguntaran como podían cubrir a falta de auga, que, nun servizo como este, é necesaria para lavar as mans entre paciente e paciente, para efectuar o traballo, etcétera. A verdade é que se botou de menos que dende o goberno local se pregunta que se necesitaba no centro de saúde”.
Para facer fronte á falta de abastecemento de auga, os traballadores do centro de saúde conseguiron varias garrafas para dispoñer da necesaria para lavar as mans, como mandan os protocolos sanitarios, e usala nos casos precisos na atención aos pacientes.
“Ninguén do Concello nos preguntou nada -di Gómez Puente- e, a verdade, cremos que non é a forma correcta de actuar. Coa iniciativa que presentaremos na próxima sesión plenaria, esperamos conseguir que, se se dá outra situación así, o Concello se preocupe de subministrar auga ao centro de saúde, como é a súa obriga, porque o abastecemento é unha das funcións básicas dos concellos”.