O PP recorda que estes edificios de 9 plantas nas costas do parque son a herdanza que deixou José Ramón Gómez Besteiro para Lugo xa que foi el o que asinou a súa autorización.
Por moito que o PSOE intente confundir e desacreditar á candidata do PP á alcaldía de Lugo o que non poderán borrar os socialistas é o feito de que o novo delegado do Goberno pasará á historia de Lugo por ser o concelleiro de urbanismo do Garañón. Polas graves consecuencias desta mala xestión pagaremos todos os lucenses unha indemnización millonaria, ademAis dos custes do seu derrube.
A cidadanía está farta dos ataques gratuítos e exclusivamente políticos do PSOE que carecen de todo fundamento. En primeiro lugar, reiteramos unha vez máis que nin Elena Candia nin o Partido Popular denunciou nin se personou en ningunha das múltiples causas que deron lugar a varias imputacións do señor Besteiro. Quen inicia unha investigación a Besterio foron un fiscal e un xuíz, nunca Elena Candia.
En segundo lugar, Elena Candia no ano 2013 cumpriu coa obriga implícita a calquera cargo público, tal e como se recolle no artigo 262 da LECrim (Lei de Enxuizamento Criminal (1)), de poñer en coñecemento das autoridades que chegou de forma anónima ao Grupo Provincial do PP unha documentación que podería ser constitutiva de delito. Resulta sorprendente que haxa alguén dende o PSOE que suxira que se oculte unha información que a lei obriga a facilitar.
As informacións que aportan hoxe dende o PSOE non son ningunha novidade e deron lugar a uns feitos que xa se relataron en numerosas ocasións e que serían motivo da mesma actuación en caso de repetirse.
Artículo 262. Los que por razón de sus cargos, profesiones u oficios tuvieren noticia de algún delito público, estarán obligados a denunciarlo inmediatamente al Ministerio fiscal, al Tribunal competente, al Juez de instrucción y, en su defecto, al municipal o al funcionario de policía más próximo al sitio si se tratare de un delito flagrante.
Los que no cumpliesen esta obligación incurrirán en la multa señalada en el artículo 259, que se impondrá disciplinariamente.