Trátase dunha obra moi demandada pola veciñanza, enmarcada no traballo constante que desenvolve o Goberno na mellora do litoral da Mariña
Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e do xefe da Dirección Provincial de Costas, José Miguel Estevan, comprobou o estado das obras que consisten na demolición dunha parte das escalinatas do acceso á praia e a dotación dun novo camiño, con acabado en granito, e un varanda de aceiro inoxidable, todo elo adaptado á normativa actual. Ademais, o proxecto contempla a execución dunha zona de estancia para os usuarios. Estas actuacións contan cun investimento do Goberno de 20.000 euros.
Neste senso, a subdelegada explicou que se trata dunha obra moi demandada pola veciñanza, enmarcada no traballo constante que se está a facer dende o Goberno de España para a mellora e coidado do litoral da Mariña lucense.
“Esta iniciativa supón que a praia do Portelo, o areal máis utilizado polos veciños e turistas en Burela, se abra a todo o mundo e sexa máis inclusiva”, destacou a subdelegada, quen avanzou que esta nova pasarela estará dispoñible para o seu uso a próxima Semana Santa.