A música das buguinas é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, irase descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, irase cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música… ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!
O mellor folk tradicional chega o sábado, 4 de marzo, ao Teatro Pastor Díaz con Mamá Cabra e Bellón Maceiras
O mellor folk tradicional chega o sábado, 4 de marzo, ao Teatro Pastor Díaz con Mamá Cabra e Bellón Maceiras
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”