Julio Torrado denuncia que “seguen quedándose cos terreos para facer uso abusivo das taxas” e “boicotear aos concellos”
Afeoulle a Portos de Galicia que empregue estes terreos, integrados na vida municipal ao desprazarse o porto, para facer “un uso abusivo das taxas” e “cobrar mentres non coidan nada”. Dixo que “desatenden as súas obrigas” mentres “boicotean aos concellos” e “impiden avanzar” mentres amparan a “competencia desleal” dos negocios instalados no seu terreo, que lles pagan taxas a eles en lugar de aos concellos.
Criticou que mentres cobran polo uso dos terreos para a celebración de eventos dos concellos, os ingresos non repercuten no mantemento dos terreos, que “deixan abandonados para que despois os candidatos do PP vaian criticar ao concello porque está mal” aínda que sexa responsabilidade de Portos. Advertiu que “cando lles deixan a vostedes o mantemento morres as árbores, descóidanse os parques e os terreos están destrozados” e non deixan actuar aos concellos.
Lembra que hai dous anos e medio o Parlamento aprobou unha iniciativa presentada polo Grupo Socialista para pedirlles o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Sen embargo, a día de hoxe no fixeron ningún traslado de competencias, e preguntoulle “se valen para algo máis que para ser o cobrador do frac” e se “van seguir funcionando como un instrumento partidista e seguir a velas vir”.