O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinala que as demandas laborais dos bombeiros “son absolutamente dignas”
Castiñeira sinala: “Todos os que tivemos ou temos nalgún momento a capacidade de xestionar un concello sabemos da importancia dos seis parques de bombeiros repartidos por toda a provincia. Cando hai unha urxencia, o compromiso que teñen os bombeiros co eido social é total e sempre están aí”. O grupo provincial do PP considera que a sociedade e os concellos deben comprender as peticións dos bombeiros, “que son peticións xustas”, por parte de profesionais “que moitas veces expoñen a súa propia vida”.
Castiñeira di: “Instamos ao presidente da Deputación de Lugo, que é o presidente do Consorcio, a que resolva estes problemas e traslade á Xunta de Galicia a vontade, esperamos que unánime da Deputación de Lugo, para solucionar os problemas e que non afecten ao servizo, do que estamos contentísimo”.