Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña-Ortegal celebra este xoves a primeira Asemblea Xeral Ordinaria

Viveiro, 27 de marzo de 2023. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal celebrará o próximo xoves 30 de marzo, a primeira Asemblea Xeral Ordinaria de Socios do grupo, na Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro (Viveiro), onde entre outros temas, presentaranse aos asociados as contas anuais do ano 2022, así como a proposta de orzamento para funcionamento e animación para o 2023 cos novos fondos FEMPA. Os representantes das entidades asociados están convocados ás 18:00 horas en primeira e ás 18.30 horas en segunda convocatoria.

Tamén se realizará unha presentación aos asistentes do Informe de Avaliación e Seguimento da EDLP 2022 e dos resultados finais do traballo desenvolto polo grupo na xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca recentemente finalizado.

Exit mobile version