O responsable de Deportes valorou “o talento e esforzo do atleta viveirense, que acadou unha nova cima na súa traxectoria deportiva cunha carreira emocionante ata o final” e sinalou que “o seu triunfo xenera un orgullo e unha alegría colectiva que se explica tamén polos valores que transmite fóra da pista, o seu apego ás orixes e ás persoas que o acompañaron durante a súa formación”.