Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consorcio Provincial de Bombeiros reforza o operativo contra os lumes en Baleira, Viveiro e Alfoz

Os medios levan apoiando os labores de control e extinción dende a tarde de onte, e ante alerta laranxa por fortes ventos previstos para hoxe reforzaron os equipos de emerxencia nestas localidades

Lugo, 30 de marzo de 2023. O Presidente da Deputación, e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, informou de que a entidade colabora co operativo que loita contra os lumes que están a afectar aos concellos de Baleira, Viveiro e Alfoz.

Así, mantén mobilizados nestes concellos 15 efectivos, 4 camións nodrizas, e 3 bull autobomba contra incendios do Consorcio Provincial de Bombeiros, que desde onte traballan en cooperación coas brigadas forestais e o operativo contra incendios nos labores de control e extinción dos lumes que sofren as localidades, tanto nos traballos para sofocar as lapas, como para desaloxar a persoas que o precisen se fora preciso.

Así mesmo, a Deputación vén de reforzar na mañá deste xoves os medios nas zonas afectadas pola vaga de lume que foran mobilizados inicialmente para a xornada de onte, ante o posible empeoramento da situación nas próximas horas polas previsións da alerta laranxa de fortes ventos, e garantir así a seguridade e a prevención en canto a evolución dos incendios, que arestora están estabilizados.

Exit mobile version