Dende o grupo de goberno se ten constancia dos cortes de luz que ven sufrindo á veciñanza derivado do manexo da maquinaria tanto á hora de instalar a tubaxe como nos movementos de terra no tanque de tormentas, pero informan que “o concello é totalmente alleo a súa execución”.
“Por parte do concello chamouse unha empresa eléctrica que xa tivo que acudir en varias ocasións a restablecer as liñas de luz. No dia de hoxe ían poñer un trenzado provisional para que deixe de suceder”, subliñan.