O sistema de protección supón un investimento de 7000 euros procedentes das arcas municipais
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron a actuación que supón un investimento de 7000 euros, procedentes das arcas municipais.
Tal e como apuntou Villares “con este sistema de protección damos resposta ás demandas veciñais, evitando riscos de caída na zona, dotándoa ademais dunha imaxe máis estética, integrada e harmoniosa”.
Trátase dunha actuación –engadiu- que vai na liña que vimos marcando desde o equipo de goberno para ir facendo pouco a pouco “as nosas vilas máis seguras, humanizadas e adaptadas ao peón”.