Con motivo desta data, o Concello iluminará na noite do domingo ao luns, de azul, a porta de Carlos V, unha cor que representa ao trastorno de espectro autista (TEA). A iniciativa enmárcase no proxecto mundial “Light Up to Blue” (Ilumína de azul) promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e por Autismo Galicia. No 2022 ilumináronse en España máis de 450 monumentos, máis de 90 deles en Galicia tanto de titularidade pública como privada, e este domingo o reto é chegar aos 500.
