Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro organiza un programa de obradoiros gratuítos de Semana Santa para nen@s

Viveiro, 29 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos aos nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos de idade.

O obxectivo é ofrecer unha proposta de lecer e convivencia durante as vacacións escolares dende o próximo luns, día 3 de abril, ata o mércores 5, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

“Dende o Concello de Viveiro propoñemos de novo estes obradoiros que son moi ben recibidos tanto polos cativos, que encontran neles un tempo de diversión e de aprendizaxe, e tamén polas familias”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

Estes obradoiros de Semana Santa son de balde, pero para participar cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654 208 333.

Exit mobile version