Xunto á labor divulgativa e didáctica desenvolvida en diferentes colexios e con distintos obradoiros, os seus impulsores buscan tamén a colaboración cidadán en cada uno dos pasos previos de cara a facer voar o Globo Marruán.
O Concello de Viveiro, promotor deste proxecto colectivo e inclusivo dende o seu nacemento, colaborará na recompilación de bolsas de plástico habilitando dende mañá, día 15, e ata o día 31 de marzo un espazo para a súa recollida.
Os seguintes pasos serán cortar as bolsas e unilas con cinta adhesiva e co-crear o Museo Aerosolar e unha exposición.
O proxecto do Globo Marruán permite recuperar a historia de Viveiro ao tempo que traballa en valores como a cooperación e a conciencia medioambiental.