Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro está a executar as obras de mellora no firme e na rede de saneamento das Pallaregas

Viveiro, 17 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro comezou a execución das diferentes obras de mellora nas Pallaregas.

Os traballos, incluídos dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, consisten na reposición do firme do vial denominado pista Ponte Feve-Casería, así como parte do ramal do vial pista Vilar de Abaixo-O Rego, que da acceso ás vivendas de Porta Leira, na parroquia de Covas.

O orzamento deste proxecto é de 129.882,11 €

Tamén se executará a substitución da rede de abastecemento de auga na parte do vial principal, debido ao seu deterioro e dotarase de formigón nas zonas onde existen máis edificacións para garantir unha correcta circulación das augas pluviais.

Ademais farase unha sinalización vial, tanto horizontal como vertical

“Dende o Concello de Viveiro seguimos a investir os fondos do Plan Único en obras que melloren as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas”, subliña a alcaldesa de Viveiro María Loureiro.

Exit mobile version