Como cada ano, todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50% grazas ao acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.
O goberno municipal agradece deste xeito a colaboración da cidadanía ante as posibles incomodidades derivadas dun evento que atrae unha gran cantidade de público a Viveiro dinamizando o sector comercial e hostaleiro da vila.
As entradas poderanse comprar todos os venres, de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas no Claustro de San Francisco (1.ª planta).
Os prezos para esta edición, a máis grande da historia, mantense con respecto ao ano pasado sendo 79€ para as entradas normais e 149€ para as Pandemonium.
A iniciativa, impulsada polo Concello de Viveiro e Bring The Noise, so inclúe abonos personais, intransferibles, aos que só poden acceder persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiros nin a compra de máis dun abono por persoa.