Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo celebrou o día da árbore xunto ao alumnado de 4º de Primaria do Ceip Gregorio Sanz

Fíxoo plantando un arce xaponés a carón do pavillón da rúa Alfredo Deaño. Xunto ás rapazas, rapaces, profesor e directora do colexio estivo o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, que os animou “a coidar o noso entorno natural, respectando as árbores, os ríos e o mar, porque os precisamos nas mellores condicións posibles”

Exit mobile version