O edil de medio rural, Marcos Villamil, contou que “o Concello vén de investir 5.700 euros, con fondos propios, na compra dun remolque necesario para os tractores municipais. Con este apeiro dende a Delegación de Medio Rural do Concello podemos dar máis servizos e conseguir máis autonomía e eficiencia nos traballos”. Villamil dixo que “agora mesmo estamos facendo labores de acondicionamento nas gabias e pistas, atendendo ás necesidades da veciñanza en cada parroquia”.