As obras, “coas que melloramos a seguridade e a accesibilidade na zona”, supuxeron un investimento superior aos 60.000 euros
Tal e como sinalou Villares, coa obra conseguimos renovar por completo a imaxe da urbanización, “mellorando a accesibilidade e a seguridade na zona”; tamén se renovou parcialmente a rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e executáronse novas beirarrúas, “mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns”.
Seguimos traballando –engadiu- para sumar espazos públicos cada vez máis humanizados e adaptados aos viandantes, como neste caso, e tamén “prestamos especial atención ás zonas axardinadas e de esparexemento “creando zonas verdes que lle outorgan, sen dúbida, unha imaxe máis agradable e estética a toda esta contorna”.