As bolsas dirixidas á estudantes de: Bacharelato, FP Básica, FP Grado Medio e Grado Superior, Universidade (Grado e Máster), etc. concédense se se cumpren requisitos económicos (renda e patrimonio) e académicos.
Desde o ano pasado, hai 2 prazos para a solicitude. O primeiro iníciase o vindeiro 30 de marzo e remata o 16 de maio. Nesta primeira fase, faise a solicitude da bolsa na que ó fundamental son os datos económicos para poder seleccionar o alumnado con dereito á bolsa (que comunican posteriormente por correo electrónico) e logo en setembro reábrese para aqueles alumnos e alumnas que cumpren cos requisitos económicos para completar os datos académicos sobre os estudos a cursar en 2023-24, os datos dos contratos de aluguer no caso de residir fóra, etc.
Para o curso 23-24 hai novidades importantes coma o incremento da bolsa destinada a cubrir os gastos de residencia que se incrementa de 1600€ a 2500€.
É imprescindible solicitar a bolsa nesta primera fase.
O Concello de Alfoz atenderá aos estudantes empadroados desde o 3 de abril ata o 8 de maio, de luns a venres, de 8:00h a 15:00h. Informándoos sobre os requisitos das bolsas e tramitando as solicitudes das mesmas. Se desexan máis información poden chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa).
Non só se tramitan as bolsas, senón que se resolven dúbidas tamén daqueles alumnos e alumnas que prefiren facer eles as solicitudes directamente. Tamén supón un seguimento de todo o proceso, presentando alegacións ou documentación extra de ser necesario.
O Concello de Alfoz, aposta deste xeito por prestar servizos que consideramos importantes para os estudantes e familias do municipio informándoos ao longo do ano de distintas axudas para xóvenes. Conta tamén con bolsas propias destinadas a sufragar os gastos de transporte do alumnado de FP e BAC nos distintos centros educativos da Comarca da Mariña.