Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS vence en Vista Alegre 6-2 ante o Leganés

Burela, 11 de marzo, 2023. Esta tarde no Pavillón Vista Alegre o Pescados Rubén Burela FS enfrontouse ao CD Leganés FS levándose os 3 puntos cun resultado 6-2. O Burela FS foi superior durante todo o encontro, especialmente na primeira parte, con moi boa defensa ao final do partido ante a presión do equipo rival co porteiro-xogador e con bo acerto ante a porteria.

Na primeira parte o Pescados Rubén é moi superior ao Leganés durante os 20 minutos, chegando ao descanso cun 2-0 que puido ser aínda máis favorable para o equipo laranxa. Con moitas ocasións para o equipo mariñán e apenas dúas para o Leganés no minuto 8 comeza marcando o primeiro gol Rikelme cun remate despois dun bo pase e un bo ataque ofensivo do seu equipo. Dous minutos despois Eloy, de forma similar a Rikelme, remata atopando o 2-0 que se manterá ata o descanso.

No minuto 8 de a segunda parte David Pazos mete o 3-0 cun disparo dende fóra da área despois dunha recuperación de Isma. Despois dunha tarxeta vermella a Alex Fuentes no minuto 34, chega o 4-0 no 35 con outro gol de Eloy despois dun pase de Isma ao segundo pau nun 3 contra 4. No minuto 36 Manu Diz marca o 4-1 e en o 37 ata o final o Leganés ataca con porteiro-xogador, atopando así o 4-2 cun gol de Pichi no 38. Pero o equipo de Rial mantense firme ante a presión do rival defendendo a súa portería. No último minuto Pitero marca de novo a distancia cun golazo dende a banda e segundos despois Pazos aproveita con boa puntería a portería baleira do Leganés e consegue o 6-2 que precede por décimas de segundo ao pitido final do encontro.

David Rial móstrase moi orgulloso do seu equipo, apreciando “esas ganas e esa ambición” que teñen que mostrar ata o final da tempada. Di, “Sabíamos da importancia que tiña o partido de hoxe, contra un equipo que a pesar de que estea abaixo é un moi bo equipo e creo que isto si que nos dá tranquilidade e sobre todo tennos que dar motivación para seguir mantendo este nivel ata o final”. Despois do empate do Alzira en El Ejido e a derrota do África Ceutí en Barcelona, o equipo burelés segue marcando distancia cos demais aspirantes aos postos de playoff.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – CD Leganés FS

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho, Pitero, David Pazos, Eloy – cinco inicial -, Nito, Isma, Nando, Rikelme, Alberto, Antón Arnejo, Bruno (P).

CD Leganés FS: Rafa Luque (P), Manu García, Dela (C), Pichi, Chicho – cinco inicial – Borja Blanco, Alex Velasco, Alex Fuentes, Hicham, Manu Diz, Raúl, Pablo Ibarra, Iker (P)

Goles: Min.8 Rikelme 1-0; min.10 Eloy 2-0; min.28 David Pazos 3-0; min.35 Eloy 4-0; min.36 Manu Diz 4-1; min.39 Pichi 4-2; min.40 Pitero 5-2; min.40 David Pazos 6-2.

Equipo Arbitral: Alfredo Castro Nantes, Eder Gómez de Salazar, Miguel Bardera Barbolla, Berta García Vázquez.

Exit mobile version