Viveiro, 4 de marzo, 2023. “Pasou apenas 6 meses dende que a nova adxudicataria da recollida de residuos e limpeza viaria, FCC Medio Ambiente, e os traballadores e traballadoras deste servizo xa anunciaron unha folga reclamando un dereito básico como que se actualice o seu convenio laboral, moi crítico debido ao aumento do custe da vida nos últimos anos,” indicou a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez.
De novo, os traballadores dun servizo público deste Concello, atópanse nunha situación de conflito e desprotección, especialmente dura para eles, pero tamén moi negativo para toda a veciñanza. Polo que a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, solicitará no vindeiro pleno:
. Se informe das reivindicacións dos e das traballadoras do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria.
. Se informe das condicións coas que foron subrogados e que medidas prevé tomar o Concello de Viveiro para defender os dereitos dos seus traballadores.
. Se dean explicacións de por qué non se preveu unha situación de protección aos e ás traballadoras na nova licitación, especialmente despois dos antecedentes sufridos por este Goberno.