Viveiro, 25 de marzo, 2023. A proposta do BNG sobre a creación dun Skatepark en Lodeiro, a pesares de ser aprobada en setembro de 2021 con represalias da alcadesa, parece que vai collendo forma aínda que tiveramos que esperar até plena campaña electoral, no final do mandato de María Loureiro.
Míriam Bermúdez, a concelleira do BNG comenta que “o que se ve do proxecto desta construcción lanzado na prensa por Loureiro, pois cando preguntamos no pleno non quixo informar, non é máis que unha explanada con dúas pequenas elevacións, moi lexos de ser un skatepark útil e versátil. E mira que insistimos e mesmo na propia moción advertíamos da importancia de que esta infraestrutura fora dirixida por especialistas nestas construcións para que non ocorrese o que noutros concellos, como o de Foz, pois segundo as persoas expertas non conta coa calidade idónea e non permite coller impulsos nin o rodaxe continuadoa, polo que é inservíbel.
“É importante planificar e estudar os proxectos” incide Míriam Bermúdez, “moito máis cando estamos a falar de importantes sumas importantes de diñeiro, non podemos permitirnos improvisar.”
Dende o BNG lembramos que, nos últimos anos, Viveiro perdeu as pistas da Casa da Xuventude; as pistas de tenis, futbol sala, pádel e baloncesto do Casino, hoxe en día prácticamente irrecuperables, ou lograr sequera avances nas pistas de Lavandeiras. A iso, súmanse problemas na piscina municipal ou falta de mantemento de rutas de sendeirismo e trail.