Foz, 28 de marzo, 2023. O BNG de Foz ten xa denunciado as moitas contribucións ao feísmo urbanístico que proliferaron ao longo de todo o noso concello nos últimos decenios. No BNG de Foz entendemos a complexidade que requiren algunhas actuacións, precisamente po lo abuso no pasado dalgunhas empresas como as compañías eléctricas que podían ter dereito de paso e que na actualidade pretenden eludir dende pago de impostos en momentos de máximo beneficio, como o mantemento dalgunhas estructuras das que se serviron. No BNG promovimos no pasado 2017 e felizmente acadamos en marzo de 2022, a ordenanza para o cobro dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local por parte das empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos. Con todo existen elementos vinculados a estas compañías que empeoran notablemente a imaxe do Concello.
Falamos de elementos de soporte actualmente non operativos, e que reclaman intervención po lo seu deplorable estado. Son construcións, que no seu día deron cobertura aos servizos de electricidade, pero que se permitiron levantar tamén sen a mínimo prudencia na ubicación e dimensións, as veces a beira de ríos, e unha vez deixaron de ser operativas, dan unha imaxe moi lamentable mesmo no centro da vila. Por riba, a súa estructura deteriorase día a día e as operadoras non están a realizar ningún tipo de mantemento. As empresas responsables ven diluidas as súas obrigas na ausencia dunha normativa clara. A lexislación definía a estas estructuras de utilidade pública, quedando sem aclarar a responsabilidade no seu desmantelamento despois da súa vida útil. A Xunta de Galiza ten competencias exclusivas em Industria e ignora a suas obrigas, tamén a Consellería de Medio Ambiente elude as súas sobre a paisaxe. Por iso o BNG de Foz propón no pleno de marzo instar a Xunta a que exerza a sua responsabilidade nas suas obrigas no desmantelamento das estructuras obsoletas de soporte para conduccións eléctricas, lexislando se é preciso.