Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova campaña de compostaxe doméstica en Alfoz

Alfoz, 1 de marzo, 2023. Iníciase unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica. O Concello de Alfoz ten asinado un convenio con Sogama a través do cal se subministran composteiros individuais e formación de como compostar os restos de comida, da horta e do xardín.

Deste xeito conséguese un abono de calidade e colaborar no coidado do medio ambiente ao reducir os residuos da fracción resto (contedor verde).

Só hai que pasar polo Concello para facer a solicitude do composteiro. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2)

O Programa de Compostaxe está a ter moito éxito no municipio o cal é o resultado da colaboración e implicación da poboación no coidado do entorno, participando nesta e noutras iniciativas medioambientais no eido da xestión de residuos, coma a recollida porta a porta para o punto limpo ou os contedores específicos de aceite que recentemente incrementáronse pasando de 3 a 5 unidades repartidas en distintos puntos de Alfoz.

Exit mobile version