Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Mulleres de Viveiro, un roteiro en feminino’, un proxecto de Mujeres en Igualdad, realizado e deseñado por Antonio Lage-Seara e dirixido e coordinado por Mariña Gueimunde

Viveiro, 6 de marzo, 2023. ‘Mulleres de Viveiro, un roteiro en feminino’ é un traballo sobre Mulleres de Viveiro, proxecto da Asociacion Mujeres en Igualdad Viveiro, realizado e deseñado por Antonio Lage-Seara e dirixido e coordinado por Mariña Gueimunde.

Reeditado e ampliado con novas figuras. Coa intención de facer memoria en homenaxe ás
mulleres vencelladas á Vila e colectivos de traballadoras. Un pobo no que a impronta
feminina marcou, proba delo son os nomes de moitas das súas rúas. Casos reais, espellos ó longo da historia, que favoreceron a liberdade e a construcción dunha sociedade mellor.

As plataformas de distribución serán dixitais. Un roteiro google maps , libro en pdf e máis dun centenar de exemplares físicos.

A todas elas nais, avóas, amigas, creadoras e compañeiras da vida. Comenzará no día 8 de Marzo e estará presente todo o mes co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da
Xunta de Galicia.

Exit mobile version