Nesta data, en horario de 11 a 13 horas, na Casa da Xuventude, tres mulleres orixinarias ou moi vinculadas con Mondoñedo, compartirán as súas experiencias profesional e persoal no ámbito laboral. En concreto, participarán como relatoras Sara García González, Profesora Titular de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, Rebeca Maseda Longarela, violinista e xestora cultura, e Noemí Rodríguez Rodríguez, mentora de emprendedores e cofundadora e CEO da empresa tecnolóxica Himikode. Tamén o público asistente poderá formular as súas preguntas e inquedanzas.
Trala mesa redonda, farase entrega dos premios do concurso “Debuxando en Igualdade 2023” no que participou o alumnado dos centros de Primaria e Secundaria dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto, unha actividade que xa conta con grande tradición e que cada vez acada maior e mellor participación.
Neste evento está confirmada a presencia de dona Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen se encargará de clausurar esta xornada, a cal se espera repetir en vindeiros anos.