Site icon Crónica3.com A Mariña

“Mercado tradicional de primavera ou festival”, por María José Fernández Díaz

Dende UDIVAL cremos que é importante non esquencer a orixe do Mercado do 25 de Marzo para poder darlle unha continuidade e, ante todo, unha personalidade propia que o caracterice. Buscandoa debemos remontarnos a fai máis dun século, cando comenzou a celebración dos mercados más importantes do ano na Praza de Sta María (por algo leva este nome) e todos eles están vinculados con datas significativas da vida de Nosa Señora pois celebrábanse ó redor da capela da Virxe do Leite (actualmente depositada da Igrexa de Ferreira), unha imaxe con fama de milagreira e que desencadenou que, cando se conmemoran as datas máis significativas da vida da mesma: 2 de Febreiro ( día da presentación do Neno no Templo), 25 de Marzo (día da Anunciación) e 8 de Setembro (día da Natividad), a xente da bisbarra se acercara á vila para pedir a súa intercesión ao mesmo tempo que traían o que producian ou cosechaban para vender ou intercambiar e, xunto con aqueles que só viñan por devoción, pasaban un día na vila , comendo con amigos e disfrutando do paseo rúa arriba e abaixo.

Co paso dos anos os Mercados Anuais foron perdendo forza, ata que un grupo de rapazas e rapaces retomaron a costume dos seus avós, puxéron zocas, boina e mandil e sairon a rúa a celebrar a chegada da primavera o sábado máis próximo ó 25 de marzo. Este impulso deulle a forza necesaria para o resurxir e comenzou a xestarse o actual Mercado da Primavera, sempre con vistas a revivir o auxe e espírito das antiguas xuntanzas: comidas campestres, gaitas e bailes tradicionais, cantares de cego e de taberna, postos artesanais…

Eu persoalmente recordo eses primeiros anos con añoranza e cariño, con moito cariño. Lembro cando para lograr que a Deputación se implicase económicamente andiven detrás do Vicepresidente en cada presentación ou acto ata que prometeu que colaborar con 3000€, lembro como nos alegraba a chamada de cada artesán solicitando que lle reserváramos un posto, lembro a búsqueda de grupos para os cantos de taberna, a colaboración dos locais de hostelería con tapas especiais e o acondicionamento dos mesmos, lembro as fotos de recordo e, sobre todo, lembro o ambiente xuvenil e familiar que se respiraba todo o día.

Este ano dende o noso punto de vista a celebración perdeu a esencia coa que naceu. Parecía máis un FESTIVAL MUSICAL que un MERCADO TRADICIONAL, así según entrabas na Praza había un inmenso palco-mamotreto de plástico negro, máis alto que as casas, que rompía todo o encanto do lugar e como este exemplo durante todo o día sucedéronse discordancia tras discordancia que iban destrozando o espíruto tradicional como: un toro mecánico no centro da Praza, un circuito para andar marcha atrás no tractor municipal (daba medo oirlle decir a algún que se iba apuntar porque “ a ver se volco todo e nos rimos, ja,ja,ja…”, porque poñer un tractor, que costou tantos cartos, en máns de calquera, e algún dos participantes con algunha copiña, pode resultar “gracioso” pero dende logo non é responsable ) e unha noite de actuacións que remataba pasadas as 5 da mañá co grupo Orgasmatron, do cal non poño en dúbida a súa calidade musical, pero si que poido asegurar que de enxebre e tradicional tiveron o xusto.

Pode haber quen diga que hai que ir cos novos tempos, pero o Mercado de Primavera naceu para rememorar os tempos pasados e iso non debería olvidalo nungún equipo de goberno, porque os rasgos distintivos e o mimo nos detalles son e serán os que farán que se consolide e non se volva a perder como sucedeu no pasado.

María José Fernández Díaz
Representante de UDIVAL
(Unión Democrática Independente do Val)

Exit mobile version