Mònica Freire suliñou “o apoio que a área de Medio Rural presta ás iniciativas que apostan polo aproveitamento dos recursos e do sector primario como motor económico e social”
Lugo, 29 de marzo de 2023. Medio Rural da Deputación de Lugo colaborará coa Fundación TerrEo creada polo Concello da Ribeira de Piquín para o aproveitamento produtivo dos recursos naturais do municipio.
A deputada Mónica Freire e o alcalde e presidente da Fundación Roberto Fernández asinaron un convenio de colaboración co que se financiará a instalación dun sistema de rega e fertirrega – para a canalización do abono a través da auga de rega – na plantación de kiwis que a Fundación TerrEo xestiona en Montefurado,
A área de Medio Rural achega 30.000 euros para este proxecto co que se pretende garantir a dispoñibilidade de auga na plantación ao longo de todo o ano, pero en especial nos meses máis secos, nos que é necesario aportar auga ao cultivo para garantir as producións futuras.
Os traballos contemplan á captación da auga. a construción dunha balsa de rega e a instalación das liñas de portagoteiros, así como dun sistema de rego automatizado.
Mónica Freire sinalou que “desde a área de Medio Rural seguimos impulsando a través destas colaboracións proxectos que apostan polo aproveitamento dos recursos e polo sector primario como motor de desenvolvemento económico e social, neste caso a través dunha iniciativa impulsada desde unha administración local como é a Fundación TerrEo”.
Roberto Fernández agradeceu “a colaboración da área de Medio Rural nun proxecto, fundamental para a creación de emprego e a fixación de poboación no concello”
A plantación, con dúas hectáreas de superficie, púxose en marcha entre outubro e novembro de 2022. A instalación do sistema de rega pretende anticiparse á maior necesidade de auga dos kiwis entre o periodo de floración e o mes de setembro.