Estes atletas tiñan que ter a marca mínima para poder participar, por parte do Egovarros-Viveiro participou a atleta Maria Amalia Luz San Martín na categoría W70, que se proclamou campioa de España na proba de 200 metros lisos e subcampioa na de 400 metros lisos, nesta proba bateu o record galego rebaixándoo en máis de 4 segundos.
A vindeira proba na que participarán atletas do C.D.Egovarros será no Campeonato Galego de 5km en ruta, a celebrar o día 19 na localidade de As Pontes.
Roque Yagani e Pablo Giz tamén participaron este sábado no Campeonato Galego de Campo a Través, nas categorías de alevín e infantil dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.